top of page

Inicio

Delio Sánchez.

Lestedo ( Boqueixón ) GALICIA
Tel: 0034-616-05-96-97  ( Spain )
E-mail: artedelio@gmail.com

​

​Arverne ( Rockaway  ) NEW YORK
Tel: 001-347-907-2104 ( New York ) Ismael Robledo - Mánager.
E-mail: ismaelrobledo@aol.com

Delio Sánchez. Santiago de Compostela. 1968. Noia.

 

Nacer preto do mar, é nacer ben. O noso mar é pródigo en historias de aventuras e imaxinacións.
As Rías Baixas Galegas son unha paraxe nada da man da Nai Natureza, que a apoiou sobre a terra cando a creou, e por tanto, as mulleres e homes que nacen nas súas beiras son misteriosos e soñadores.
Como Delio Sánchez, que desde neno quixo levar aos seus papeis e lenzos a natureza exhuberante do mar e o acougo das  rúas empredadas da súa Vila Medieval, Noia. Aquela querenza por absorber a beleza da súa terra non lle abandonou nunca e os azuis e grises dos ceos, o aceiro do mar bronco ou o esmeralda das súas praias brancas, o unxiron de paixón creativa.
Delio, apaixonado do Jazz, pinta tocando xa sexa suaves melodías do ambiente do Club, interiores con músicos desvelados ou ben estrepitosas obras expresionistas de acción impulsiva con cores primarias que se refregan nun caos primixenio.
Inspíralle por tanto a natureza e o home inmerso nela, a música do home e a do mar rumboso, inspíralle a paixón, o sinxelo e o rústico.
Pero tamén Nova York, cidade global, onde atopa todo o anterior nun só escenario e onde viaxa cando o corpo e a alma llo pide.
Nada escapa ao seu pincel, nin aos seus modelados en escultura, que arrincados da terra, dan vida a formas terreais vestidas de ferros oxidados e graníticas pedras. Todo o absorbe e transforma para que alguén mais, poida gozalo nas súas obras.

                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                            J.L.Iglesias Diz        

               

Formación:

Técnico en artes plásticas aplicadas á escultura, pola Escola de Artes Mestre Mateo de Santiago.

 

Colaboracións:

Deseño de portada e libreto para o CD " Open Doors " de Abe Rábade Septet. ( 2008 )

Deseño para o disco " Live in Santiago " de Bill Goodwin quartet. ( 2009 )

Action paintings para as clausuras dos festivais de Jazz 1906. ( 2008 a 2014 )

Dirección de curta musical para Coralie Yap Chine quartet. " A charm of spring " ( 2015 )

 

Exposicións Individuais ( selección )
 

2015. Delio comes to New York. Marriot Marquis. Broadway. New York. 

 

2015. Randeeira. EF Business School. Oleiros.

 

2014. Randeeira. Ateneo ferrolán. Ferrol.

 

2014. Randeeira. Club Financiero Atlántico. A Coruña

 

2014. Randeeira. Museo do Gravado de Artes. Ribeira

 

2014. Randeeira. Galería de arte El taller. Santiago de Compostela

 

2013. Alén do Ulla. Arte na espera. Clínica Aiemá. Santiago de Compostela

2012. Nova York. Asociación de Artes aTravesa. Santiago de Compostela

2012. Cruzando charcos. Casa Galicia New York

​​

2012. Alén da paisaxe. Centro empres. do Tambre, Santiago, Asociac. Cultural Alexandre Bóveda, A Coruña, e Auditorio de Rianxo



2011. Naturas. Asociación de artes aTravesa. Santiago de Compostela.



2010. Augas pintadas. Con Aormos.  Museo Paz Camps. Vedra e Centro Empresarial do Tambre. Santiago de Compostela.

2009. Swinging brushes. Dado Dadá Jazz Club. Santiago de Compostela.
 

2008. Open doors. Exposición das pinturas orixinais para o CD de Abe Rábade. Dado Dadá jazz Club. Santiago de Compostela.
 

2007. As cores do jazz. Salao brazil, Coimbra. Jazz taberna do Nelson, Porto ( Portugal ) e Dado Dadá jazz Club en Santiago de Compostela.
 

2006. Esencias. Centro cultural de Sigüeiro. Oroso.
 

2004. Que coño es el arte? Casa da cultura de Noia.

​

2002. Violetas desnudos. Arcos Galería, Sala Amsterdam e Continental café. Alcalá de Henares

 

2016. Arte en Movimiento. Museo do Humor. Fene.​

 

2014. Góis Arte. Góis. Portugal

 

2013. Fiarte Granada. IV Edición. Churriana, Granada.



2013. Espazo Tambre. Colectiva de artistas galegos. Centro empresarial do Tambre. Santiago de Compostela.



2012. Salao internacional de primavera. Galeria Vieira Portuense. Porto. Portugal.

2011. Colectiva navidad. Galería Pers Polis. León

2011, Artistas Galegos, Centro Empresarial do Tambre. Santiago de Compostela

 

2009. Reencontros. Asoc. Cult. O Galo. Santiago de Compostela
 

2009. Colectivo Expresións. Centro empresarial do Tambre. Santiago de Compostela
 

2009. XXIII Festival de Poesía. Salvaterra do Miño.
 

2009. Góis Arte 09. Góis. Portugal.
 

2009. Colectivo Vencellados de Escultura. Escola de Artes Mestre Mateo Santiago.
 

2009. II Sãlao Internacional de Artes Plásticas. São Joao de Madeira. Portugal
 

2008. Góis Arte 08. Góis. Portugal.



2007. I Salao Internacional de Artes Plasticas. Sao Joao de Madeira. Portugal

Exposicións colectivas ( selección )
bottom of page