©2018 by delio sánchez. Proudly created with Wix.com

DELIO SÁNCHEZ

SANTIAGO DE COMPOSTELA - NEW YORK

 

DELIO SÁNCHEZ

Noia 1968

Pintor e Escultor


Técnico superior en Artes plásticas aplicadas á Escultura pola Escola de Artes Mestre Mateo de Santiago de Compostela.

Fotografía e audiovisual

delio.jpg
 

Nacer preto do mar, é nacer ben.. O noso mar é pródigo en historias de aventuras e imaxinacións.
As Rías Baixas galegas son unha paraxe nada da Nai Natureza, que a apoiou sobre a terra cando a creou, e por tanto, as mulleres e homes que nacen nas súas beiras son misteriosos e soñadores.
Como Delio Sánchez, que desde neno quixo levar aos seus papeis e lenzos a natureza exhuberante do mar e o acougo das súas rúas empredradas da súa Vila Medieval, Noia. Aquela querenza por absorber a beleza da súa terra non lle abandonou nunca e os azuis e grises dos ceos, o aceiro do mar branco ou o esmeralda das súas praias brancas, o unxiron de paixón creativa.
Delio, apixoado do Jazz, pinta tocando xa sexa suaves melodías do ambiente do Clube, interiores con músicos desvelados ou ben estrepitosas obras expresionistas de acción impulsiva con cores primarias que se refregan nun caos primixenio.
Inspíralle por tanto a natureza e o home inmerso nela, a música do home e do mar rumboso, inspíralle a paixón, o sinxelo e o rústico.
Pero tamén Nova York, cidade global, onde atopa todo o anterior nun só escenario e donde viaxa cando o corpo e a alma llo pide.
Nada escapa ao seu pincel, nin aos seus modelados en escultura, que arrincadas da terra, dan vida a formas terreais vestidas de graníticas pedras. Todo o absorbe e transforma para que alguén mais, poida gozalo nas súas obras.

 

CONTÁCTAME

Santiago de Compostela

616059697

 
unnamed.jpg

DESCUBRE

OS CATRO GATOS

EN COMPOSTELA

 
This site was designed with the
.com
website builder. Create your website today.
Start Now